VI Torneo de Xadrez Concello de Cuntis

Venres 31 Agosto-Sábado 1 Setembro

Inscríbete cubrindo este formulario en omix@cuntis.es


Información     Aloxamentos     Clasificacións     Activeran     Cartel     en pdf     en cdr

Cuntis, a 6 de agosto de 2007

  Desde a Concellaría de Deporte do Concello de Cuntis queremos achegarlle o programa do VI TORNEO DE XADREZ CONCELLO DE CUNTIS que se celebra no noso concello os días 31 de agosto e 1 de setembro e animámolos a participar neste encontro deportivo.

  As inscricións poden efectualas na Oficina Municipal de Información Xuvenil,no teléfono 986533600 en horario de luns a vernes de 15 a 20 horas até o 30 de agosto (os días 16 e 17 de agosto permanecerá pechada).

  Dado que nesta edición as probas cadran en fin de semana, se ademais de participar lles interesa coñecer o noso concello, axuntámoslle información sobre as posibilidades hoteleiras e de turismo rural de Cuntis.

  Pregámoslle faga extensible esta invitación aos deportistas do seu club e esperamos a súa participación.

  Agardando que esta información sexa do seu interese, saúdao atentamente.

Belén Pazos Touriño
Concelleira de Cultura, Turismo, Deporte,
Xuventude e Normalización Lingüística


































Organiza:Concello de Cuntis
Oficina Municipal de información Xuvenil
Colabora:Termas de Cuntis
Club de Xadrez A.C.A Estrada
Federación Galega de Xadrez